sábado, 21 de abril de 2007

Sorprendente

Confeso que aínda non vin o gol de Messi, e como todo o mundo fala del, dáme certa rabia. Agora ben, gustaríame saber qué tal lle foi o xoves a Rajoy no programa ese das preguntas Tengo una pregunta para usted ou algo así, porque non o vin (O Show dos Tonechos é de visión obrigada). Aínda que o de Rajoy xa tiña menos mérito, pois partía coa vantaxe de ir ao programa despois de Zapatero. Aínda recordo con bochorno e vergoña allea a polémica enorme que se montou nos medios de comunicación cando Zapatero dixo nese programa que un café custaba 80 céntimos. Nas portadas de todos os xornais (sen excepción, El País incluido) de certa tirada apareceu a noticia, e xa non digamos en Antena 3 ao día seguinte. Lamentábel. ¡Moi ben debe ir este país para que ao día seguinte ao programa a principal información que nos tiñan que dar os medios fora que Zapatero pensaba que un café valía 80 céntimos! Os medios (incluida foto na portada de El País) querían dicir con semellante cobertura: “os presidente vive nunha nube, vive afastado do que día a día dos cidadáns”. E por suposto que vive, como viven a maioría dos altos cargos políticos deste país. E claro que me parece importante que o “presi” saiba o que lle custa ao cidadán medio non só un café, senón outras moitas cousas (xa non falemos dos pisos), pero creo que non merecía tanto bombo o asunto. O dito, que temos uns medios frívolos, interesados e moi alineados (que non alienados), que ocultan moitas e moitas veces a realidade diaria de todas as persoas que teñen que pagar 80 céntimos ou máis (dependendo do local e a rexión) por tomar un café.

Casualmente, eu quedeime con outro detalle. Para xustificar que Zapatero crea que un café custa un 80 céntimos, dicían que o causa era que no Congreso o café cortado vale 70 céntimos e o café con leite 73, porque eran prezos regulados. Gustaríame ter escoitado nese momento aos medios de comunicación dicir algo. Nin pío. Chitón. E a min paréceme máis importante isto dos presos de saldo para o café que o que dixo ZP. Non entendo por qué no Congreso o café ten que valer moito menos que na rúa, supoño que polo efecto dalgún tipo de axuda pública ou algo así, que sae, cómo non, dos petos de todos nós (incluidos tamén os que non somo asalariados, que para iso pagamos IVA e demais impostos indirectos). O peor é que logo os políticos quérense presentar como xente normal, da rúa, coma ti e coma min, cando está claro que nin o son nin o serán, polos cantidade de privilexios que teñen en moitísimos ámbitos sociais, xurídicos, etc. Sempre pensei que os políticos non serían coma os cidadáns de a pé até que pagasen o mesmo que calquera de nós por un café nun bar. E iso non se dá (e inda por riba logo moitos nin van ao Congreso, que é o peor da historia; imaxino que estarán na cafetería do Congreso enchéndose a cafés aproveitando que lles sae tan barato para o que debe custar un café en Madrid).

Como se pode deducir do que escribo, o xoves non vin a Rajoy na tele, pero polo que lin na prensa, fíxose o sueco coa xestión do seu partido co tema dos atentados do 11-M, entre outras cousas. Xustificouse dicindo que nese momento el non estaba no goberno. Aaahh, boa resposta, se non fora porque era candidato á presidencia do goberno polo seu partido!! Por Deus, non sei se os de agora son bos ou non (en moitas cousas teñen que mellorar moito, ou simplemente ser un pouquichiño progresistas), pero como gañe a oposición as eleccións, puf. É mellor morrer.

Creo que non perdín moito por non ver a Rajoy. O que si vin foi outra cousa que me chamou moito, pero que moitísimo máis a atención. Foi na edición de do xoves de La Voz de Galicia, na páxina de “Televisión” (páxina 61), nun pequenísimo recadro no que era difícil reparar. O titular dicía: “Un experto del Vaticano critica el comportamiento informativo de la cadena Cope”. Sorprendente. O curioso é que me sorprenda, pero dá para sorprender, porque na Conferencia Episcopal calan como petos ante o comportamento diario dalgúns dos seus presentadores e tertulianos. Pero se un lía algo a noticia era mellor, porque dicía que “Monseñor Enrique Planas, observador permanente de la Santa Sede ante el Consejo de Cultura y Comunicación de Europa, pidió ayer medidas contra algunos de los comportamientos informativos de la COPE que calificó de “suicidas”. Planas criticó concretamente al presentador del programa La mañana, Federico Jiménez Losantos, y afirmó que hay valores que “están más allá” de la posibilidad de perder audiencia. Agregó que en algunos casos “habría que tomar medidas”. Como vedes, breve pero contundente este home, botoulle un par, porque se atreveu a facer o que nin a Igrexa nin os políticos da dereita deste país se atreveron a facer nestes anos. Non creo que o tal Monseñor se atrevese a dicir o que dixo se estivese en España, pero visto o poder que teñen os medios da dereita, e sobre todo a COPE, neste país é digno de agradecer. E falta facía, porque, centrándome na COPE, o Jiménez Losantos ese ao que tanta xenreira lle teño e o César Vidal e a Cristina esa de nome estraño levan quentando demasiado a temperatura política deste país desque o PSOE gañou lexitimamente as eleccións, nun alarde de resentimento, odio, intolerancia, mal gusto e mala educación constantes, malas palabras e insultos (consultade o libro Las barbaridades de la COPE, o autor non o recordo) que teñen levado ao debate mediático e político deste país a uns niveis de degradación, pobreza e crispación que creo que en moitos moitos anos non se viron por estas latitudes. Casualmente, todas as palabras que me serven para describir o discurso e a forma de ser e actuar da COPE pouco teñen que ver cos valores que o evanxelio e Xesucristo predicaron, e polo de agora non escoitei á Conferencia Episcopal alzar a voz públicamente contra os presentadores estrelas dos seus programas, será porque no fondo non lles disgusta tanto o que din, ou porque así teñen un ariete co que criticar a atacar as reformas emprendidas polo Goberno (matrimonios homosexuais, divorcio express, etc.) sen ter que dar directamente a cara e sen que os acusen de meterse na vida política. Xa se sabe os disgustos e problemas que houbo neste país co tema da separación Igrexa –Estado. A República do 31 deu o gran paso nese senso (o mesmo que permitiu votar á muller ou aumentar en miles o número de escolas), e xa se sabe como acabou. Faime graza, desde os medios da dereita fálase de clima de guerra civil, de discursos e reformas guerracivilistas feitas polo goberno, e evidentemente non é certo. Casualmente, a ninguén lle escoitei falar tanto desde cousas como aos gurús mediáticos da COPE, o ABC ou El Mundo. Sempre está a dereita ameazando, e son eles os únicos que logo van por aí coa intolerancia e o odio por bandeira. Odio e intolerancia, moi pouco católico. É ben curioso: foi o mesmo que deu lugar á nosa Guerra Civil. E agora repiten. Parece que non lles chegou no 36.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Primeiro facer mención a que é enriquecedor compartir pensamentos e ideas, reflexions e conclusions, razoamentos e decisions, sempre dende a obxectividade, o respeto e a coherencia.
Chamoume moito a atención carlinhos a frase coa que rematas o teu discurso. Pareceme moi sorprendente que chegues a acusar a alguen de que queira voltar a unha época pasada moi dura para todos nós. Moitas veces falei coa miña avoa, persoa que sobreviviu á semellante acontecemento, e sempre recorda aquela época con gran sufrimento e dor. A conversa sobre tal acontecemento sempre remata facendo mención a que é incrible que haia persoas que falen de tal acontecemento cunha frialdade tan grave. Tamén dime que non sabemos o que é a guerra, que é algo horroroso, o mais horroroso que viviu, e que debemos loitar pola paz e a unidade de todos nós, que aquela época forma parte da nosa historia e que debemos aprender desta experiencia adquirida. Por iso o tono que empregas ó falar de tal momento histórico chega a asustarme, digocho coma amigo e compañeiro.
Coma amigo e compañeiro comparto tamén o desconcertante que me pareceu o prezo ridículo que teñen os cafés no Congreso, e probablemte se os cafés valen iso o resto andará pola mesma senda. Fai varias semanas nun dos meus traxectos cruzando a península quedei en Madrid varios días. Alí, evidentemente, tomei algún café, e o prezo non baixaba do 1,30 euros, así que a diferencia é notable. Sorprendeme que o IPC ou a inflación subíse tan pouco estes anos, dende o 2000. Os prezos somos conscientes de que subiron a gran velocidade ata intentar que equiparemos psicolóxicamente 100 pesetas con 1 euro, 1.000 pesetas con 10 euros, etc. Así que podemos chegar a ter unha idea do que realmente han chegado a subir os prezos nestes últimos anos. O que sucede é que para a miña sorpresa o IPC e a Inflación non subiron coa misma intensidade e cuantía, e por tanto os salarios (actualizados a través do IPC) están claramente nunca situación de desequilibrio respecto á realidade dos acontecementos. Entón, se a realidade é ben diferente ao que numéricamente parece acontecer ¿qué é o que sucede? ¿Será que estés indicadores non serven? ¿Será todo unha farsa na que estamos inmersos? A verdade é que non teño nin idea, podo decantarme máis por unha resposta ou ben por outra pero o que sí que podo dicir é que os políticos nin sufren nin han sufrido o que neste parrafo é tratado de reflexar, e o que lle pasou ao noso presidente, que poderialle haber ocurrido a calqueira otro deputado, é un indicio máis da desconexión que hai entre o que acontece na economía do cidadán medio e o que acontece na economía do Congreso. Dis que cres que non perdíches moito por non ver a Rajoy no mesmo programa que Zapatero, non sei se o dis por prexuizo ou por realidade, eu vin aos dous e saquei as miñas conclusións tanto de un coma de outro.
Non creo ademais que os medios de comunicación, todos os medios de comunicacion, oculten a realidade diaria cando dan unha noticia, defendo a investigación que algúns medios de comunicación levan a cabo, resultame enriquecedora e necesaria, sempre claro, que sexa fundamentada e documentada pertinentemente. O que sí que creo que pode chamarte a atención é que non todos os periódicos digan o mesmo, pero xustamente eso é o lóxico xa que detrás de cada empresa, detrás de cada sociedade, detrás de cada medio de comunicación hai un pensamento que serve de base para informar. Todo pode ser visto dende varios ángulos, dende varios puntos de vista, e que poidamos chegar a coñecer todos eses puntos de vista a min pareceme enriquecedor, sempre que, e volvo a reiterarme, esta información este fundamentada e documentada coherentemente. E que tachar aos medios de comunicación porque digan cousas diferentes ás que cremos é sencillamente fomentar que todos teñan as mesmas noticias e reflexións destruíndo, de este modo, todos estes puntos de vista (volvo a repetir, documentados e fundamentados) e impoñendo a existencia dunha única liña de pensamento, coa consiguiente consecuencia de que todolos medios de comunicación (pola lei da oferta e da demanda, libre mercado) reduciránse a un so, e únicamente teremos un periódico, perdendo así toda a riqueza da que antes falaba. Por todo isto, pareceme moi sinxelo criticalos medios de comunicación antepoñendo os nosos pensamentos ou conviccións persoais, pero, volvo a repetir, esto desemboca en impoñer as nosas ideas, mais ou menos acertadas, eliminando todo pensamento ou diálogo diferente ao noso, e destruindo así a riqueza da información estancando á sociedade nun modelo de pensamento único imposto por unha persoa que creía que as súas ideas eran a unica verdade.
Quero tamén dicirche Carlinhos, amigo meu, que vexo no teu discurso moitos prexuizos que fan que non aceptes outras ideas, tanto relixiosas coma políticas, cando non casan coas túas, e aquí quero diferenciar unha cousa da outra. A relixión, aínda que con gran esforzo os prexuizos intenten encuadrala nun lugar político, é algo persoal de cada individuo, é a creencia máis persoal que ten cada individuo para dar sentido á súa existencia. Por iso non paréceme razoable incluir tales afirmacions nun discurso encaminado nun ámbito moi diferente ao do relixioso de cada persoa. Outra cousa é que a relixión opine dentro da súa dogmática dos acontecementos históricos, xa non políticos. Este feito é necesario para toda relixión, xa que a relixión, coma antes expuse, vai unida á vida, e a vida é un proceso dinámico, non estático, que vai evolucionando cos acontecementos que xurden na mesma. Todo acto, feito en nome da relixión, fóra de esta esfera pareceme totalmente fóra de lugar e ámbito.
Seguiría plasmando neste vello teclado as miñas reflexión pero non quero concluír se animarche a que vexas o gol de Messí, un gol dos que fan historia e que seguro que terás máis oportunidades de velo. Din que aprésese ao de Maradona, e a verdade e que ten as súas semellanzas, os dous xogadores arxentinos, a mesma banda de xogo, os regates…..o único é que Maradona marcou o gol nun partido dos cuartos do mundial frente a Inglaterra, coas consecuencias e trascendencia que isto ten, e Messi nun partido de liga. Por outro lado, anímoche a que sigas escribindo, non o deixes Carlinhos, ademais de porque sabes que aínda que o fagas aos poucos meses ou días voltarás a reflexar as túas ideas nun escrito, porque os contos e as ideas son para compartilas. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Creo que con Miguel este blog ha encontrado un valiosísimo filón. Las personas que tenemos acceso a este blog contamos con un punto de encuentro ideológico básico. Es más una forma de pensar común que una ideología identificable, pero es un punto de encuentro. Con la irrupción de Miguel en este libre lugar de opinión tendremos la oportunidad de contrastar nuestros pensamientos con los de una persona cuya forma de pensar es muy distinta a la nuestra. Simplemente porque el proceso mental que sigue Miguel para llegar a sus ideas finales sobre política, religión, o sobre la vida, difiere kilómetros y kilómetros del que ocurre en nuestros respectivos procesos mentales. Todo cambia de un sitio para otro, sin que ello implique que no existan importantes consensos (fea palabra, según don Carlos), sin los cuales el debate sereno y enriquecedor que espero surja de las intervenciones de Miguel sería un imposible.

Sólo me interesa comentar, aunque toda la noticia da para mucho, este último punto: "Quero tamén dicirche Carlinhos, amigo meu, que vexo no teu discurso moitos prexuizos que fan que non aceptes outras ideas, tanto relixiosas coma políticas, cando non casan coas túas, e aquí quero diferenciar unha cousa da outra. A relixión, aínda que con gran esforzo os prexuizos intenten encuadrala nun lugar político, é algo persoal de cada individuo, é a creencia máis persoal que ten cada individuo para dar sentido á súa existencia. Por iso non paréceme razoable incluir tales afirmacions nun discurso encaminado nun ámbito moi diferente ao do relixioso de cada persoa. Outra cousa é que a relixión opine dentro da súa dogmática dos acontecementos históricos, xa non políticos. Este feito é necesario para toda relixión, xa que a relixión, coma antes expuse, vai unida á vida, e a vida é un proceso dinámico, non estático, que vai evolucionando cos acontecementos que xurden na mesma. Todo acto, feito en nome da relixión, fóra de esta esfera pareceme totalmente fóra de lugar e ámbito".

El tema religioso es siempre un tema escabroso, difícil, pero ya que ha salido a la luz me gustaría dar mi opinión. Dices, Miguel, que la religión es la creencia más personal de cada individuo. No podría estar más de acuerdo contigo en este aspecto. Si las personas necesitan creer en la existencia de un "Más allá" para vivir con tranquilidad y sentirse bien, pues perfecto. No seré yo el que les quite de su engaño, aunque también es verdad que por más que lo intentase no podría rebatirles, pues es bien sabido que las cuestiones de religión no son científicas o racionales (que es lo mismo), sino que todas ellas se reducen a una mera "cuestión de fe".

Dicho esto, en donde he aprovechado para manifestar mi propio criterio de fe, que con gusto explicaré más y mejor si alguien me lo pidiese, me ha parecido sorprendente el que argumentases la necesidad de que la religión "opine dentro da súa dogmática dos acontecementos históricos". En mi opinión (y sin ánimo de crispar en absoluto) esto es falso, no existe tal necesidad, ya que la religión es algo tan propio de cada uno que no puede convertirse en una suerte de ente incorporal que justifique tal o cual situación histórica, o se ponga de parte de éste o de aquél pensamiento. Espero no confundir al lector con tanta abstracción. Puedo resumir esto en pocas palabras: la religión es una ideología, como otra cualquiera, que no se sustenta en bases razonables, sino en las creencias de cada uno. Pero en lo que uno cree es en la religión, un algo etéreo incapaz de manifestarse por sí misma en las situaciones vitales de los individuos. Más concretamente, la religión no piensa, no opina, no siente ni padece, necesita de alguien que la interprete y le dé sentido. Y como esta función se la ha atribuido la Iglesia, ya se cree ella la mejor intérprete, y como la religión se basa en creencias no racionales, la doctrina de la Iglesia ha de ser aceptada en cualquier época y lugar, pues son cuestiones de pura fe indiscutibles. Al final, la culpa no es de la religión, sino de quien la maneja a su antojo buscando su propio interés. Como se deduce de todo esto, la cuestión a resolver es mucho más simple de lo que parece.

NO HAY NECESIDAD, entonces, de que la religión (esto es, la Iglesia) se manifieste en ningún tipo de ámbito. Es innecesario, y hasta peligroso.

En el mundo islámico todavía existe una fuerte unión entre el Estado y la religión. Obsérvese las consecuencias de este fatal enlace. Cuando el líder religioso habla, el creyente fervoroso cree estar oyendo al propio Mahoma susurrarle al oído. Júntese este gran cóctel con la pobreza y la miseria que asolan a esas regiones y el resultado será bastante desalentador. Cuántas generaciones habrán de pasar por la vida para arreglar el entuerto que crean los intérpretes de esa creencia tan personal que es la religión. Cuánto sufrimiento han de pasar todavía muchos por el interés de unos pocos. En fin, el ser humano es así. Sólo espero que al final ganen los buenos (esos somos nosotros).

Un saludo, y a seguir!!!!!!!!!!!!!!

Julián dijo...

Non sei se poderei estar á altura dos dous comentarios anteriores, pero aí van algúns pensamentos soltos logo de ler o teu artículo:

* Por unha parte, penso que está mal que os medios de comunicación deste país sexan tan sesgados coma o son os nosos. Pero por outro parte, de todas formas xa sabemos de qué pé coxea cada un, é dicir, qué podemos esperar duns e doutros. Iso creo que é positivo, porque vamos sobre aviso.

* Non teño a costume de ler os periódicos ou mirar os noticiarios. Todo o máis que fago é escoitar a radio durante o almorzo ou á cea. E creo que fago ben. Cando un está metido nun tema e oe noticias que saen nos medios relacionadas con ese tema e ve as burradas que poden chegar a dicir os periodistas, pensa seriamente cánto o estarán enganando noutros temas dos que non ten idea. Así que, lonxe de vivir coa dúbida, prefiro manterme o marxe do que os periodistas poidan inventar e manipular.

* Sobre a «omnipresente» crispación española, certamente non sei se hai tal, ou se non será tamén un invento da esquerda. Non che vou negar que os discursos dos PePistas falan de todo menos de reconciliación, pero ¿realmente cando saes a rúa existe ese ambiente crispado, airado, dividido do que ti falas (exceptuando algúns exemplos recentes e espero que illados)?

* Sobre o tema da relixión, temos que ter en conta que a Igrexa é unha organización, e como tal ten dereito a expresarse sobre calqueira tema. Pero, debido a súa posición social ten unha grandísima responsabilidade ante os seus crentes, que debe ter conta antes de facer algunha declaración, ou de permitir os escarnios que Losantos leva a cabo na COPE, segundo ti denuncias.

Para rematar, felicidades polo blog. Quedas engadido os meus «feeds».

Un saúdo.